Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alumnos e alumnas de administración e finanzas do IES Lois Peña Novo visitan o CEI-NODUS

Alumnos e alumnas de administración e finanzas do IES Lois Peña Novo visitan o CEI-NODUS

Ana Prieto guiou polas instalacións aos 35 rapaces e rapazas e explicoulles os servizos que o Concello ofrece este centro municipal

  • Tema
    • Emprego,
    • Emprendemento,
    • Orientación laboral
Sábado, 04 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnos e alumnas de administración e finanzas do IES Lois Peña Novo visitan o CEI-NODUS

Os alumnos e alumnas da materia de xestión administrativa do ciclo de formación profesional de administración e finanzas do instituto vilalbés Lois Peña Novo, realizaron unha visita ao Centro de Empresas e Innovación de Lugo (CEI-NODUS), onde puideron coñecer o funcionamento e características deste centro e a súa actividade.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, xunto a un dos técnicos municipais, guiaron polas instalacións aos 35 rapaces e rapazas, que viñan acompañados de tres docentes, e explicáronlles os servizos que o Concello ofrece neste centro municipal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alumnos-e-alumnas-de-administracion-e-finanzas-do-ies-lois-pena-novo-visitan-o-cei-nodus