Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alumnos do Colexio Fingoi premiados no concurso de deseño gráfico contra a violencia de xénero

Alumnos do Colexio Fingoi premiados no concurso de deseño gráfico contra a violencia de xénero

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 13 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade vén de conceder o premio do concurso de deseño gráfico “A prevención da violencia de xénero”.

O premio recaeu nun grupo de alumnos de segundo curso de Bacharelato do Colexio Fingoi (Área de Artes) polo traballo que presentaron baixo o lema “Abróchate”.

Este premio, convocado como paso previo á celebración das Xornadas de sensibilización na prevención de malos tratos que terán lugar no mes de novembro, ten unha dotación económica de 600 euros ademais dun agasallo.

O xurado que outorgou o premio estivo integrado pola Concelleira Carmen Basadre, José Manuel Núñez Blázquez, Valentín López Arira e como secretaria actuou María Jesús González-Vara Pin.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alumnos-do-colexio-fingoi-premiados-no-concurso-de-deseno-grafico-contra-violencia-de-xenero