Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alumnos de do cuarto curso do Grao de Administración e Dirección de Empresas da USC visitan as instalacións do CEI

Alumnos de do cuarto curso do Grao de Administración e Dirección de Empresas da USC visitan as instalacións do CEI

  • Tema
    • Economía
Venres, 05 de decembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, recibiu a un grupo de 27 alumnos de curarto curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo da Universidade de Santigo de Compostela que efectuaron esta mañá unha visita ás instalacións do CEI-Nodus.

Durante a súa visita, que comezou ás 11 da mañá, e na que tamén participou a Decana da Facultade, Begoña Barreiro, os estudantes recibiron información sobre as actividades e a labor que desenvolve o CEI-Nodus. Na visita posterior coñeceron o traballo que desenvolven a empresa Instituto de biotecnoloxia Médica Aplicada no laboratorio, o taller do Estudio de Ingenierie Ende 3 e a oficina do Grupo de Desenvolvemento Rural do Leadre+ en Lugo Asociación Terras de Lugo.

O CEI-Nodus e o Cocello de Lugo manteñen unha relación de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela tanto na posta en marcha de proxectos europeos como na recepción de becarios.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alumnos-de-do-cuarto-curso-do-grao-de-administracion-e-direccion-de-empresas-da-usc-visitan