Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alimentación adaptada ao traballo no século XXI centra a terceira conferencia dos Martes Nutritivos

A alimentación adaptada ao traballo no século XXI centra a terceira conferencia dos Martes Nutritivos

Rosana Rielo convidou á cidadanía a participar nesta charla, que terá lugar a partir das 19.30 horas, no Salón de Actos do Vello Cárcere. A entrada é totalmente gratuíta

  • Tema
    • Servizos xerais,
    • Sanidade
Martes, 14 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A alimentación adaptada ao traballo no século XXI centra a terceira conferencia dos Martes Nutritivos, unha sesión de charlas programada pola Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, coa finalidade de difundir hábitos de vida saudables entre a poboación. O programa ten lugar todos os martes, ata o 28 de novembro, no Salón de Actos do Vello Cárcere, a partir das 19:30 horas.

Rielo convidou á cidadanía a participar de maneira activa nestas charlas, ao tempo que lembrou que o Concello leva a cabo ao longo do ano distintas iniciativas no ámbito do benestar das persoas.

Jesús Fernández Cruces, do Grao en Nutrición Humana e Dietética, será o encargado de impartir esta charla, que abordará aspectos como a comodidade, en substitución da calidade, ao longo da xornada de traballo; plantexando distintas estratexias para procurar a dispoñibilidade de alimentos nutritivos no posto de emprego de cada persoa.

Tras esta charla, os Martes Nutritivos continuarán o día 21, achegando a nutrición no deporte, e o 28,  na actividade física; despois de abordar a alimentación na xestación e lactación e a nutrición infantil.

Todas as persoas interesadas en tomar parte nestas actividades, na que tamén colabora a Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galicia (ADINU) e a Universidade de Santiago de Compostela, soamente teñen que achegarse ao Salón de Actos do Vello Cárcere, xa que son de caracter aberto e con entrada totalmente gratuíta.

Audio

  • Rosana Rielo, sobre os Martes Nutritivos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alimentacion-adaptada-ao-traballo-no-seculo-xxi-centra-terceira-conferencia-dos-martes

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/141117_rielo-martesnutritivos.mp3