Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alfredo Amestoy inaugura as conferencias do ciclo Xornalismo Século XXI deste outono

Alfredo Amestoy inaugura as conferencias do ciclo Xornalismo Século XXI deste outono

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Alfredo Amestoy será o relator da primeira conferencia do ciclo Xornalismo Século XXI, organizado polo Concello de Lugo e Caixanova. O acto terá lugar o vindeiro xoves ás 20:30 horas no Círculo das Artes baixo o título: La televisión: el rompecabezas.

As primeiras colaboracións do xornalista foron na Gaceta do Norte e na revista gran Vía, na radio na Cadena SER e Radio Madrid. En Televisión dirixiu e presentou programas informativos como Esta es la cuestión, La vida, Vivir para ver ou Treinta y cinco millones de españoles. Ós Premios Nacionais de Televisión, o Quixote de Ouro e Popular de Pueblo uníronse os Ondas e varios TP. Colabora como director de programas e presentador circunstancial de Tele 5.

A próxima conferencia do ciclo será o xoves 29 de novembro a cargo de José Oneto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alfredo-amestoy-inaugura-conferencias-do-ciclo-xornalismo-seculo-xxi-deste-outono