Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alexandre Penas visita os traballos de pintado da sinalización horizontal

Alexandre Penas visita os traballos de pintado da sinalización horizontal

O concelleiro de Infraestruturas lembrou que “o pintado avanzará de maneira uniforme por toda a cidade”

A actuación conta cun orzamento de 505.306,50€ e un prazo de realización de catro meses

  • Tema
    • Tráfico,
    • Urbanismo
Luns, 10 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alexandre Penas visita os traballos de pintado da sinalización horizontal

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou na pasada noite a realización dos traballos de pintado da sinalización horizontal de toda a cidade que se realizarán durante os próximos 4 meses. “Trátase dunha intervención importante que permitirá mellorar a seguridade vial e a imaxe da cidade”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “é unha actuación necesaria que desde a área de Infraestruturas comezamos a proxectar nada máis chegar ao goberno municipal”.

Alexandre Penas lembrou  que se modificará o pintado adaptándoo ás modificacións realizadas na ordenanza de circulación. Nos pasos de peóns elimínase unha das liñas para evitar resbalóns de motos e bicicletas, ademais, os pasos regulados por semáforo pasarán a ter pintado só o contorno do mediante dúas liñas discontínuas nos seus límites.

Adaptarase tamén o pintado das prazas para persoas con mobilidade reducida, agrandándoas e reducindo a superficie a pintar para evitar resbalóns, e mellorarase a sinalización en zonas de coexistencia de tráfico e estacionamento. Alexandre Penas lembrou que “todas estas modificacións tratan de dar resposta ás solicitudes da veciñanza e adaptar a sinalización das vías aos avances na mobilidade”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a sinalización horizontal | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alexandre-penas-visita-os-traballos-de-pintado-da-sinalizacion-horizontal

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200810_alexandre_penas_sinalizacion_horizontal.mp3