Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alexandre Penas: “durante o día de mañá abrirase un paso peonil entre Santo Domingo, Lois Peña Novo e a praza Antón Fraguas”

Alexandre Penas: “durante o día de mañá abrirase un paso peonil entre Santo Domingo, Lois Peña Novo e a praza Antón Fraguas”

A apertura do paso permitirá recuperar o acceso á praza de Abastos pola praza de Santo Domingo

“O desenvolvemento dos traballos está a avanzar a maior ritmo do previsto”, declarou Alexandre Penas

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Luns, 02 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alexandre Penas: “durante o día de mañá abrirase un paso peonil entre Santo Domingo, Lois Peña Novo e a praza Antón Fraguas”

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, informou dos avances nos traballos de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros. Alexandre Penas declarou que “o avance continúa a maior ritmo do previsto, o que nos permite abrir a partir de mañá novos pases peonís e avanzar nos traballos”.

Durante o día de mañá habilitarase un novo pase peonil no fondo de Santo Domingo que comunicará coas rúas Lois Peña Novo e Antón Fraguas. “Ademais, poderase abrir a porta da praza de Abastos por Santo Domingo”, declarou Alexandre Penas.

A actuación avanzará pola rúa Quiroga Ballesteros, até a intersección co Carril do Mercado, para o que se desprazará a zona de carga e descarga á zona comprendida entre o Carril do Mercado e o Carril do Son, e habilitarase unha nova zona ao fondo da praza de Santo Domingo, ao retirarse o valado na zona rematada. Pecharase o acceso á Praza pola rúa Quiroga Ballesteros, mais manterase habilitado o paso peonil que comunica Quiroga Ballesteros e a praza de Santo Domingo.

“Agardamos que os traballos se poidan desenvolver co mesmo ritmo que até agora”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “trátase dunha previsión, xa que na nova zona a intervir teranse que realizar tamén excavacións arqueolóxicas”.

“Continuamos a mellorar a mobilidade no centro de Lugo, que estará pensada para as persoas”, declarou Penas, que engadiu, “a conversión en áreas de paseo zonas tan emblemáticas como a Mosqueira ou Quiroga Ballesteros marcarán un antes e un despois na cidade” afirmou Alexandre Penas.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, sobre as obras en Quiroga Ballesteros | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alexandre-penas-durante-o-dia-de-mana-abrirase-un-paso-peonil-entre-santo-domingo-lois-pena

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201102_alexandre_penas_quiroga_ballesteros.mp3