Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alexandre Penas anunciou un investimento de máis de 46.000 euros para mellorar o pavimento do casco histórico

Alexandre Penas anunciou un investimento de máis de 46.000 euros para mellorar o pavimento do casco histórico

A actuación estará principalmente dirixida a arranxar as tapas de sumidoiros e rexistros que se atopan en mal estado

As obras comezarán nestes días do mes de decembro e revisaranse máis de 200 tapas de arquetas

  • Tema
    • Infraestruturas
Xoves, 12 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alexandre Penas anunciou un investimento de máis de 46.000 euros para mellorar o pavimento do casco histórico

Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, deu conta do inicio dun plan de mellora nos pavimentos do casco histórico. “Queremos que a imaxe da cidade sexa na zona máis visitada sexa a mellor posible e o pavimento está bastante deteriorado, unha das cousas que máis chama a atención e deterioro do entorno das arquetas e tapas de sumidoiros” explicou Penas.

As obras comezarán nestes días do mes de decembro e revisaranse máis de 200 tapas de arquetas. A intervención terá un orzamento total de máis de 46.000 euros segundo explicou Alexandre Penas “tratase de mellorar a calidade de vida das persoas, e hai que lembrar a cantidade de queixas e denuncias que recibe o concello por persoas que sofren caídas ou tropezan nos bordes de moitas destas tapas”.

Audio

  • Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, sobre a mellora do pavimento do casco histórico | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alexandre-penas-anunciou-un-investimento-de-mais-de-46000-euros-para-mellorar-o-pavimento-do

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/2019-12-12_alexandre_penas_obras_tapas.mp3