Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa visita o CEIP Sagrado Corazón no comezo do novo curso escolar

A alcaldesa visita o CEIP Sagrado Corazón no comezo do novo curso escolar

Alvarellos percorreu o colexio e fixo entrega ao seu director, como agasallo do Concello ao alumnado, dun cadro da Ponte Vella premiado no certame de pintura rápida. 

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Luns, 16 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa visita o CEIP Sagrado Corazón no comezo do novo curso escolar

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada da edil de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, visitou o Centro de Educación Infantil e Primaria Sagrado Corazón de Lugo co motivo do comezo do curso escolar para coñecer o funcionamento do centro de ensino público. Neste CEIP Sagrado Corazón visitou as instalacións, tanto interiores e exteriores, e o comedor escolar, e falou co director do colexio, Roberto Souto, da futura colaboración en programas educativos e de formación do Concello de Lugo, como por exemplo o dedicado á prevención da violencia de xénero, que se vai desenvolver na maioría de colexios, institutos e centros de FP da cidade, a través da concellaría de Muller, Igualdade e Inclusión.

Como agasallo do Concello de Lugo para as alumnas e alumnos que estudian neste colexio de Lugo e para o seu equipo docente, Paula Alvarellos entregou ao director do centro un cadro da Ponte Vella de gran formato, premiado co primeiro accésit no certame de pintura rápida e obra da artista Isabel Seidel.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-visita-o-ceip-sagrado-corazon-no-comezo-do-novo-curso-escolar