Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa visita o barrio de Albeiros para coñecer de preto as peticións realizadas polos veciños e veciñas

A Alcaldesa visita o barrio de Albeiros para coñecer de preto as peticións realizadas polos veciños e veciñas

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas
Xoves, 17 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa visita o barrio de Albeiros para coñecer de preto as peticións realizadas polos veciños e veciñas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola presidenta da Asociación de Veciños As Gándaras, Ponte Romai, Albeiros, Virxe da Soidade, Belén Ramos, realizou este xoves unha visita a Albeiros para coñecer de primeira man as principais necesidades deste barrio. Ao encontro tamén asistiron o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e outros representantes deste colectivo.

A visita finalizou cunha xuntanza cos veciños e veciñas deste barrio no Colexio de Albeiros, na que a rexedora escoitou distintas peticións para realizar melloras nalgunha rúa, poñer máis xogos na zona infantil do parque, ou reforzar o alumeado público dalgunha zona.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-visita-o-barrio-de-albeiros-para-conecer-de-preto-peticions-realizadas-polos-vecinos