Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa súmase á colecta de fondos para investigación da Asociación Española contra o Cancro

A Alcaldesa súmase á colecta de fondos para investigación da Asociación Española contra o Cancro

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Asociacións sociais,
    • Solidariedade
Xoves, 05 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sumouse á campaña de colecta organizada hoxe pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) co fin de recoller fondos para a investigación. A entidade, que instalou unha mesa na Praza Maior, diante da casa consistorial, contou coa colaboración de numerosas persoas para pedir coas huchas de axuda económica. A rexedora manifestou a súa satisfacción por colaborar cunha iniciativa destas características, dirixida a recabar fondos para a investigación, o motor para conseguir que o cancro se poida previr, curar ou cronificar. De feito, grazas ao labor investigador, a supervivencia a esta enfermidade incrementouse nun 20% nos últimos anos. Coa axuda cidadá, a AECC financia 170 proxectos de investigación que cobren todas as fases do cancro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-sumase-colecta-de-fondos-para-investigacion-da-asociacion-espanola-contra-o-cancro