Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa reúnese coa Asociación Provincial de Hostalería para renovar o seu compromiso cun “sector estratéxico na cidade”

A Alcaldesa reúnese coa Asociación Provincial de Hostalería para renovar o seu compromiso cun “sector estratéxico na cidade”

Avanzou ao colectivo que, tras o verán, se reunirá coas distintas asociacións para abordar a nova ordenanza da ORA

  • Tema
    • Economía,
    • Comercio
Xoves, 27 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves unha reunión con membros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), co seu presidente á fronte, Cheché Real; un encontro que se enmarca dentro da toma de contacto da rexedora co tecido asociativo e empresarial da cidade.

Durante a xuntanza, Lara Méndez avanzoulle á asociación empresarial que, “unha vez rematado o verán, manteremos reunións cos distintos colectivos para presentarlles o borrador da nova ordenanza da ORA e coñecer as súas propostas”.

Lara Méndez aproveitou a ocasión para renovar o compromiso municipal coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, garantindo a continuidade do apoio do Concello con diversas iniciativas da entidade, como o concurso de tapas. “Aproveitaremos o traballo común entre APEHL e Concello para impulsar a marca E para comer, Lugo; para potenciar a cidade como destino gastronómico”, asegurou a Alcaldesa, quen destacou que a hostalería “é un sector estratéxico, un dos piares da nosa economía”. A rexedora lembrou que o Concello colabora con APEHL cunha subvención nominativa anual de 15.000 euros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-reunese-coa-asociacion-provincial-de-hostaleria-para-renovar-o-seu-compromiso-cun