Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa recoñece os últimos éxitos obtidos polo Club de Natación PortaMiñá na presentación da nova tempada

A Alcaldesa recoñece os últimos éxitos obtidos polo Club de Natación PortaMiñá na presentación da nova tempada

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes,
    • Natación
Domingo, 13 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recoñece os últimos éxitos obtidos polo Club de Natación PortaMiñá na presentación da nova tempada

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros da Corporación Municipal, así como o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, asistiron este domingo á presentación da nova tempada do Club de Natación PortaMiñá, que tivo lugar a partir das 12:00 horas nas piscinas municipais de Frigsa.
 
Durante o acto, que estivo apadriñado polo olímpico Iván Raña, a rexedora felicitou ao club polos recoñecementos acadados a pasada tempada e puxo en valor o sacrificio e esforzo dos 287 nadadores e nadadoras que forman parte deste club, co que colabora o Concello. Así mesmo tamén tivo palabras de agradecemento para as súas familias, os seus adestradores e para o Presidente do Club, Fernando Timiraos.
 
Na presentación celebrouse unha exhibición de natación sincronizada así como a lectura dun manifesto contra a violencia de xénero.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-reconece-os-ultimos-exitos-obtidos-polo-club-de-natacion-portamina-na-presentacion