Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa recibe a un líder espiritual de Senegal, Serigne Mame Mor Mbacke, que visita Lugo para impulsar a convivencia intercultural

A Alcaldesa recibe a un líder espiritual de Senegal, Serigne Mame Mor Mbacke, que visita Lugo para impulsar a convivencia intercultural

  • Tema
    • Alcaldía
Sábado, 15 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe a un líder espiritual de Senegal, Serigne Mame Mor Mbacke, que visita Lugo para impulsar a convivencia intercultural

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, recibiu este sábado na casa consistorial ao líder espiritual de Senegal e fundador do muridismo, Serigne Mame Mbacke, que visita Lugo no marco dunha xira anual por distintos lugares do mundo co fin de protagonizar xornadas para fomentar a convivencia intercultural. No encontro participaron representantes da comunidade senegalesa en Lugo e no resto da provincia. A rexedora destacou Lugo como un municipio intercultural, así como o elevado grao de integración da comunidade senegalesa, que forma parte xa da sociedade lucense. Tamén recalcou a necesidade de fomentar, como é o obxectivo de Serigne Mame Mbacke con esta xira, valores como a paz, a solidariedade, a convivencia pacífica e a educación como piares básicos para o entendemento entre as persoas por encima das súas relixións e crenzas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-un-lider-espiritual-de-senegal-serigne-mame-mor-mbacke-que-visita-lugo-para