Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa recibe no Concello á presidenta do Colexio de Arquitectos de Lugo para abordar as inquedanzas do sector

A alcaldesa recibe no Concello á presidenta do Colexio de Arquitectos de Lugo para abordar as inquedanzas do sector

No encontro Lara Méndez convidou ao colectivo a participar activamente na consulta pública para elaborar a nova Ordenanza de Licenzas urbanísticas.

 
  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 10 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe no Concello á presidenta do Colexio de Arquitectos de Lugo para abordar as inquedanzas do sector

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo edil de Sostibilidade Urbana, Álvaro Santos, recibiu esta mañá no Concello á presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Lugo, Carmen Figueiras.

Na xuntanza, programada con anterioridade, a representante do COAG tivo ocasión de trasladarlle aos integrantes do executivo local algunhas das principais inquedanzas do sector neste momento.

O encontro serviu tamén para que a rexedora e o concelleiro convidaran ao colectivo a participar na consulta pública que se levará a cabo para redactar unha nova ordenanza – presentada hoxe - reguladora da tramitación dos títulos habilitantes de obra e actividade no Concello de Lugo. Unha invitación que fixeron extensible ao resto de axentes sociais do municipio.

“Foi, sen dúbida, unha reunión moi frutífera, na que – ao igual que xa fixemos en anteriores ocasións - tivemos a oportunidade abordar as preocupacións profesionais das e dos arquitectos lucenses aos que, á súa vez, emprazamos a participar no proceso que vimos de abrir para a creación desta nova Ordenanza co fin de que nos trasladen as súas propostas para enriquecer o documento”, sinalou Lara Méndez.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-no-concello-presidenta-do-colexio-de-arquitectos-de-lugo-para-abordar