Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa recibe no Concello a estudantes franceses de intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Alcaldesa recibe no Concello a estudantes franceses de intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Centros de ensino
Luns, 27 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe no Concello a estudiantes franceses de intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes franceses, do Lycée Joseph Saverne, de L’Isle Jourdan, en Toulouse, que pasan estes días na cidade grazas a un programa de intercambio co IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes. A rexedora falou aos rapaces do que significa ser Alcaldesa e dos atractivos da cidade, convidándoos a ser embaixadores de Lugo e a volver de visita ou para realizar a súa vida profesional. Ao encontro asistiron profesores do centro educativo francés e do lucense.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-no-concello-estudiantes-franceses-de-intercambio-co-ies-nosa-senora-dos-ollos