Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa recibe no Concello ao novo axente que se incorpora ao Corpo da Policía Local

A alcaldesa recibe no Concello ao novo axente que se incorpora ao Corpo da Policía Local

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Venres, 18 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe no Concello ao novo axente que se incorpora ao Corpo da Policía Local

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, efectivizaba esta mañá a toma de posesión dun novo axente que se incorpora á Policía Local como funcionario de carreira do Concello de Lugo.

No acto, no que tamén estivo presente o Inspector da Xefatura, Jesús Piñeiro, a alcaldesa aproveitou para dar a benvida e tamen desexou moita sorte nesta nova etapa ao servicio dos veciños e veciñas de Lugo “sendo un reforzo moi positivo e necesario do Corpo que redundará nun incremento da seguridade cidadá” destacou a rexedora.

Esta praza eleva a 21 o número de novos axentes que se integraron, ao Corpo da Policía Local de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-no-concello-ao-novo-axente-que-se-incorpora-ao-corpo-da-policia-local