A alcaldesa recibe á directiva do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo para abordar posibles vías de colaboración
Paula Alvarellos interesouse pola actividade e proxectos do organismo colexial e recolleu algunhas propostas para a cidade do seu decano, Jorge Rivera.
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional,
- Infraestruturas,
- Urbanismo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu a tres dos integrantes da xunta directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, encabezados polo seu decano desde hai máis de trinta anos, Jorge Rivera. Xunto ao presidente do Coiti de Lugo estiveron o vicedecano, Juan José Rodríguez, e a vogal da directiva, Begoña López.
Paula Alvarellos interesouse polos servizos que prestan aos case 700 colexiados e polos proxectos do organismo colexial, constituído no ano 1991. Ademais, a rexedora municipal recolleu algunhas das propostas para a cidade expostas polo presidente do colectivo, ao tempo que abordaron posibles vías de colaboración entres ambos organismos.
