Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa recibe a corenta nenos e nenas do CEIP Illa Verde

A Alcaldesa recibe a corenta nenos e nenas do CEIP Illa Verde

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Luns, 06 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe a corenta nenos e nenas do CEIP Illa Verde

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns na casa consistorial a un grupo de 40 alumnos e alumnas de entre 9 e 10 anos de idade do CEIP Illa Verde, acompañados de catro mestras do centro. A rexedora explicoulles aos rapaces e rapazas en que consiste o labor da Corporación municipal e cales son as instalacións nas que o Concello presta os seus servizos á cidadanía. Os nenos e nenas pola súa banda amosaron a súa concienciación coa protección do medio ambiente e a conservación do patrimonio da cidade. A Alcaldesa entregoulles o libro Poemas Escollidos de Manuel María.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-corenta-nenos-e-nenas-do-ceip-illa-verde