A Alcaldesa recibe aos presidentes dos colexios de xestores administrativos de España, que se reúnen esta fin de semana en Lugo
- Tema
- Alcaldía
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, recibiu este venres, no Salón de Plenos, a unha delegación encabezada polos Presidentes dos Colexios de Xestores Administrativos de España, que este ano se en Lugo para celebrar San Caetano, patrón da profesión, xunto a case 300 profesionais procedentes de toda Galicia.
Na recepción estiveron presentes a presidenta do Colexio de Galicia e tamén vicepresidenta da comisión executiva do Consello Xeral de Colexios de España, Pilar Otero Moar; o Presidente do devandito Consello Xeral e tamén presidente do Colexio de Madrid, Fernando Santiago Oleiro e o presidente da Mutualidad dos Xestores Administrativos, Juan Antonio Santos Rovira.
Tamén asistiron ao acto oficial a presidenta do Colexio de Aragón e A Rioxa, Mª Teresa Gómez Latorre; o presidente do Colexio de Asturias, Carlos Rodríguez Noriega; o presidente do Colexio de Baleares, Miguel Ángel García Alberti; o presidente do Colexio de Cantabria, Víctor Carpinteiro; o presidente e o vicepresidente do Colexio de Castela e León, Miguel Ángel Alonso de Paz e Jesús Ortega Paunero, respectivamente; o presidente do Colexio das Palmas, Joaquín Julia Quevedo; o vicepresidente do Colexio de Madrid, Manuel Herranz Lázaro, o presidente do Colexio de Estremadura, José Manuel Mariño Romeu; o Presidente do Colexio de Toledo, José Ramón Jarones, o presidente e o vicepresidente do Colexio de Murcia, José Pérez das Bacas e Félix Cayuela de Pablo, respectivamente; o presidente do Colexio de Granada, Xaén e Almería, Fernando Nogueras Rodríguez; a presidenta do Colexio de Alacante, Mª Teresa Vila Esteve e o presidente do Colexio de Valencia, Joaquín Giner Segarra.
Unha profesión que se remonta ao século XV
Durante o acto, Lara Méndez e Pilar Otero lembraron que a profesión de xestor administrativo remóntase nada menos que ao século XV e que desde a súa aparición, sempre estivo vinculada coa administración e orientada aos cidadáns e empresas.
Mañá sábado, será o groso das actividades conmemorativas, coa chegada dos xestores administrativos procedentes de toda Galicia. Os actos darán comezo na Catedral de Lugo para posteriormente realizar unha visita guiada polo templo da man de César Carneiro, delegado de Patrimonio da Diocese de Lugo.
A comitiva tamén se asomará ao pasado romano da cidade cun desfile militar e unha exhibición de tácticas de adestramento da prestixiosa Cohors III Lucensium ás 12.00 h. na Praza de Santa María, para finalizar cun paseo pola Muralla Romana, Patrimonio da Humanidade.
Os actos concluirán cun xantar de todos os profesionais galegos, onde se entregarán diversos galardóns.
Os xestores administrativos son profesionais titulados, libres e independentes que informan, aconsellan, asesoran e representan a persoas físicas ou xurídicas, profesionais e pemes, no estudo, promoción, dirección, xestión e realización de toda clase de xestións e actuacións que teñan relación coa Administración.