A alcaldesa recibe ao Campión do Mundo junior de Piragüismo, Víctor Devesa, e eloxia o labor de formación dos clubs lucenses
Alvarellos felicitou ao palista do Cidade de Lugo e desexoulle novos éxitos na categoría sub-23. Tamén asistiu o seu compañeiro, Dani Fernández, carto en K2 no mesmo Mundial.
- Tema
- Benestar social,
- Desenvolvemento social,
- Deportes,
- Escolas deportivas,
- Desenvolvemento local

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu esta mañá ao palista Víctor Devesa, que se proclamou Campión do Mundo K-1 Junior de Maratón o pasado mes de setembro na localidade croata de Metkovic, na que se disputou o mundial de piragüismo de maratón. A alcaldesa felicitou ao palista lucense e ao seu compañeiro de K2, Dani Fernández, tamén do Club Cidade de Lugo. Ambos lograron un prezado carto posto no citado mundial, na modalidade de K2. Ademais, Paula Alvarellos sinalou durante a recepción que ambos palistas son un exemplo do importante labor de formación, coas escolas deportivas e o promoción da canteira, que realizan os clubs lucenses, como é o caso do Cidade de Lugo, ao que Víctor e Dani pertencen desde moi novos.
Tanto a alcaldesa como o concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, presente na recepción, desexáronlles novos éxitos e interesáronse polos cambios que suporá o paso á categoría sub-23 e polas competicións para a nova tempada que arrancará no primeiro trimestre de 2025. Paula Alvarellos eloxiou esta disciplina “tan sacrificada” que ademais, dixo, “contribúe a dar a coñecer Lugo e o río Miño como un dos canles máis importantes, coidado e privilexiado para a práctica deste deporte”.
