Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa recibe ao alumnado do intercambio entre o IES Virxe dos Ollos Grandes e un centro educativo de Leipzig

A Alcaldesa recibe ao alumnado do intercambio entre o IES Virxe dos Ollos Grandes e un centro educativo de Leipzig

  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 08 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe ao alumnado do intercambio entre o IES Virxe dos Ollos Grandes e un centro educativo de Leipzig

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos do Concello á vintena de alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o IES lucense Virxe dos Ollos Grandes e o centro Evangelisches Schulzentrum, da cidade alemana de Leipzig. No encontro, no que tamén participou o profesorado de ambos centros educativos e houbo un intercambio de agasallos, a rexedora deu a benvida ao grupo alemán, explicoulles os principais atractivos da cidade e animounos a ser embaixadores de Lugo en Leipzig, ademais de subliñar os beneficios tanto no eido persoal como profesional que teñen este tipo de intercambios para os mozos e mozas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-ao-alumnado-do-intercambio-entre-o-ies-virxe-dos-ollos-grandes-e-un-centro