Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa preside a tradicional ofrenda do Concello á patroa da cidade

A Alcaldesa preside a tradicional ofrenda do Concello á patroa da cidade

  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 15 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa preside a tradicional ofrenda do Concello á patroa da cidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns a tradicional ofrenda floral do Concello á patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes, nun acto que tivo lugar a partir das 11:00 horas na Catedral. Previamente, a rexedora e os concelleiros desprazáronse en comitiva, encabezada pola guardia de gala, dende a Casa Consistorial ata a Catedral. Lara Méndez foi a encargada de entregar o centro de flores ao Bispo, símbolo da ofrenda á patroa, na propia capela, que constitúe un dos exemplares máis vistosos do barroco peninsular.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-preside-tradicional-ofrenda-do-concello-patroa-da-cidade