Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese con persoal do Sergas para avanzar no proxecto do novo centro de saúde do Sagrado Corazón

A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese con persoal do Sergas para avanzar no proxecto do novo centro de saúde do Sagrado Corazón

A rexedora escoitou as diferentes propostas expostas polo Goberno autonómico para levar a cabo este proxecto e comprometeuse a que estas opcións sexan estudadas de forma pormenorizada polo Concello coa máxima dilixencia.

“A construción dunhas novas instalacións sanitarias no  barrio é unha necesidade básica. Por iso, desde este Goberno manteremos a man tendida para que esta histórica reivindicación materialícese con éxito”, asegurou a alcaldesa.

“Traballaremos para que os servizos de carácter social e competencia  autonómica póidanse equiparar neste barrio cos doutras zonas do noso municipio”, sinalou Alvarellos Fondo.

  • Tema
    • Infraestruturas
Mércores, 29 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos reúnese con persoal do Sergas para avanzar no proxecto do novo centro de saúde do Sagrado Corazón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarello, reuniuse esta mañá con cargos e persoal do Servizo Galego de Saúde na delegación da Xunta en Lugo co obxectivo de avanzar na consecución dunhas novas instalacións para o punto de atención primaria do Sagrado Corazón. A rexedora, quen estivo acomapañada durante este encontro técnico-político por responsables de diferentes servizos municipais, incidiu na necesidade de que este equipamento sexa unha realidade canto antes e para iso ofreceu aos responsables do Sergas a colaboración do seu Executivo.

Alvarellos escoitou as diferentes propostas expostas polo Goberno autonómico para levar a cabo este proxecto e comprometeuse a que estas opcións sexan estudadas de forma pormenorizada polo Concello coa máxima dilixencia. “A construción dunhas novas instalacións sanitarias no Sagrado Corazón é unha necesidade básica que é preciso cubrir para garantir unha correcta atención médica dos veciños e veciñas desta zona da cidade. Por iso, desde este Goberno manteremos a man tendida e ofreceremos toda a nosa colaboración para que esta histórica reivindicación da cidadanía lucense materialícese con éxito”, asegurou a alcaldesa.

A reunión, que  se desenvolveu dentro da máxima cordialidade, foi cualificada pola rexedora como moi produtiva xa que supón un avance importante para impulsar o proxecto. “Durante este encontro púidose constatar a liña de entendemento que nos caracteriza e o método de traballo que pretendemos establecer como premisa fundamental no noso modelo de xestión. É necesario traballar de forma conxunta desde ambas as institucións para que o novo centro de saúde do Sagrado Corazón entre en funcionamento nun prazo razoable. Ademais, desde esta Administración local traballaremos para que os servizos de carácter social e competencia  autonómica póidanse equiparar neste barrio cos doutras zonas do noso municipio”, concluíu Alvarellos Fondo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-paula-alvarellos-reunese-con-persoal-do-sergas-para-avanzar-no-proxecto-do-novo