Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa nos actos con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, organizados por Raiolas

A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa nos actos con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, organizados por Raiolas

  • Tema
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Conciliación,
    • Accesibilidade,
    • Inclusión
Martes, 02 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa nos actos con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, organizados por Raiolas

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal, participou este martes nos actos con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que este ano ten como lema “Autismo preto de ti”. A rexedora asistiu á lectura do manifesto con motivo desta efeméride, dentro do programa de actividades organizadas pola Asociación Raiolas Lugo, que abranguen dende contacontos ata obradoiros.

Alvarellos abogou por “desterrar os estigmas e prexuízos asociados co autismo e recoñecer a súa presenza cotiá nas nosas vidas” e subliñou “a necesidade de garantir ás persoas autistas o acceso equitativo aos servizos e recursos especializados que necesitan, así como a súa participación social en igualdade de condicións en contornas inclusivas”.

Nesta xornada, o Concello iluminará de azul a Casa Consistorial e a pasarela peatonal Tanxurela, para visibilizar o TEA. Ademais, instalouse un punto de información na Praza Maior.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-paula-alvarellos-participa-nos-actos-con-motivo-do-dia-mundial-de-concienciacion