Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa nos actos con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras

A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa nos actos con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Sanidade
Xoves, 29 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa, Paula Alvarellos, participa nos actos con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal, participou este xoves nos actos con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras, promovidos pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC). Preto de 3 millóns de persoas convive con algunha doenza deste tipo no noso país. “Estimase que existen máis de 7.000 enfermidades raras, das cales 6.172 están identificadas, pero queda moito traballo por facer”, apuntou a rexedora.

“Moitas persoas non están ao tanto da existencia ou a gravidade deste tipo de enfermidades. Por iso, visibilizalas, como hoxe estamos facendo aquí, axuda a aumentar a conciencia pública sobre estas condicións, o que sen dúbida conducirá a unha maior comprensión e empatía cara a quen as padece”, subliñou Alvarellos.

A rexedora recoñeceu que “moitas enfermidades raras son difíciles de diagnosticar e tratar debido á falta de información por iso é necesario acadar recursos para investigación e desenvolvemento de medicamentos, o que pode acelerar o ritmo dos tratamentos e terapias para estas doenzas”. Neste senso, puxo en valor a Estratexia Nacional de Enfermedades Raras que está a levar a cabo o Goberno central.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre o Día Mundial das Enfermidades Raras | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-paula-alvarellos-participa-nos-actos-con-motivo-do-dia-mundial-das-enfermidades

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/290224_intervencionalcaldesa_enfermidadesraras.mp3