Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa Paula Alvarellos participa no acto de conmemoración do Día internacional do guía turístico

A alcaldesa Paula Alvarellos participa no acto de conmemoración do Día internacional do guía turístico

“O seu labor é fundamental para que todo o noso patrimonio histórico, artístico e natural poida ser coñecido non só polas persoas visitantes, senón pola propia veciñanza”, sinalou a rexedora.

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Promoción turística,
    • Xestión cultural
Mércores, 21 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos participa no acto de conmemoración do Día internacional do guía turístico

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá no acto de conmemoración do Día internacional do guía turístico. Nesta edición, a celebración céntrase en resaltar o valor ambiental ao que contribúen os e as profesionais deste sector co seu labor divulgativo durante o transcurso das súas visitas, algo que cobra especial importancia no caso de Lugo polo seu potencial paisaxístico, a súa contorna natural de gran valor ambiental e por contar coa catalogación de Reserva da Biosfera no seu territorio.

Tras o acto, a rexedora destacou a achega deste colectivo á promoción da cidade. “O seu labor é fundamental para que todo o noso patrimonio histórico, artístico e natural poida ser coñecido non só polos visitantes, senón pola propia veciñanza”, manifestou Alvarellos Fondo quen estuvo acompañada polo edil de Trasición Ecolóxica, Miguel Fernández e polo responsable da área de Dinamización Económica, Mauricio Repetto .

A efeméride, que programou visitas gratuítas pola nosa cidade en distintos idiomas, está impulsada pola Federación Mundial de Guías Profesionais de Turismo. Esta organización profesional sen ánimo de lucro foi creada o 21 de febreiro de 1985 durante a primeira Convención Internacional de Guías Turísticos realizada en Austria.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-paula-alvarellos-participa-no-acto-de-conmemoracion-do-dia-internacional-do-guia