Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa participa na inauguración do novo curso académico da UNED de Lugo

A Alcaldesa participa na inauguración do novo curso académico da UNED de Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación pública
Xoves, 20 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na inauguración do novo curso académico da UNED de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves na inauguración do novo curso académico da UNED de Lugo. No acto, a rexedora deu a benvida a todos os alumnos e demais membros da Comunidade universitaria da UNED, ao tempo que puxo en valor a importancia de que a cidade conta cun centro asociado da universidade a distancia, que é un referente en formación par aos lucenses que recorren a esta disciplina de educación para continuar a súa formación académica.  Do mesmo xeito, quixo subliñar a colaboración do Concello, que é membro do seu padroado, con esta institución, na súa aposta pola educación pública, que permite contribuír a unha sociedade máis igualitaria. Para rematar, a rexedora convidou ao alumnado a acollerse a todas as posibilidades de formación posibles.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-participa-na-inauguracion-do-novo-curso-academico-da-uned-de-lugo