Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa participa na inauguración de dous cursos de verán do Campus sobre saúde pública e saídas laborais das enxeñerías

A Alcaldesa participa na inauguración de dous cursos de verán do Campus sobre saúde pública e saídas laborais das enxeñerías

  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 16 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na inauguración de dous cursos de verán do Campus sobre saúde pública e saídas laborais das enxeñerías

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este luns na inauguración de dous cursos de verán que se celebrarán durante esta semana no Campus Terra: Dereito en serio e de broma II: Coas cousas de comer non se xoga, centrado na importancia dos alimentos e a gastronomía dende o punto de vista xurídico, isto é, a saúde pública, e Onde atopar traballo nas enxeñarías?, sobre as saídas laborais desta rama profesional. Méndez destacou que a organización de cursos de verán e a relevante matriculación nos mesmos demostra que “temos un Campus moi activo, dinámico, e que busca sempre a oferta educativa mellor e de maior utilidade para o futuro do alumnado”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-participa-na-inauguracion-de-dous-cursos-de-veran-do-campus-sobre-saude-publica-e