Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa participa na concentración polo 25N, ante a Subdelegación do Goberno, nun acto co que se reforzou o compromiso contra a violencia de xénero

A alcaldesa participa na concentración polo 25N, ante a Subdelegación do Goberno, nun acto co que se reforzou o compromiso contra a violencia de xénero

Ademais de para mostrar o rexeitamento contra calquera tipo de maltrato, a concentración serviu para lembrar ás 41 mulleres asasinadas no que vai de ano en España.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Linguaxe sexista,
    • Violencia de xénero
Luns, 25 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa participa na concentración polo 25N, ante a Subdelegación do Goberno, nun acto co que se reforzou o compromiso contra a violencia de xénero

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá na concentración polo 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no acto convocado pola Subdelegación do Goberno en Lugo. Ademais de para mostrar a rexeitamento contra calquera tipo de maltrato e ante a violencia machista, o acto serviu para lembrar ás 41 mulleres asasinadas no que vai de ano en España, a última onte mesmo na localidade de Estepa, en Sevilla.

Xunto á rexedora municipal estiveron varias concelleiras e concelleiros do Goberno Local, entre eles a edil de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo. Na lectura da declaración institucional condenouse a violencia machista, que esta mesma fin de semana golpeou a provincia de Lugo, con dúas agresións machistas en Vilalba e Lugo. Coa lectura da declaración institucional se reafirmou o compromiso do Goberno mediante a renovación permanente do pacto social e político para rematar con esta lacra e acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria. O acto rematou cun minuto de silencio en memoria de todas as vítimas. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-participa-na-concentracion-polo-25n-ante-subdelegacion-do-goberno-nun-acto-co-que-se