Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa participa en Coruña na Comisión Executiva do Eixo Atlántico

A Alcaldesa participa en Coruña na Comisión Executiva do Eixo Atlántico

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas
Martes, 09 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa en Coruña na Comisión Executiva do Eixo Atlántico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este martes en Coruña na Comisión Executiva do Eixo Atlántico, entidade da que forma parte o municipio lugués e que se centra na colaboración e promoción dos municipios da denominada Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Na reunión deste órgano tamén participou o rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro, o de Lalín, Rafael Cuíña; o de Monforte, José Tomé, o do Barco, Alfredo García, e o Alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Río. Tamén asistiu o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o concelleiro de Matosinhos, Joao Fernándes.

Durante a comisión, os concellos membros destacaron a necesidade de dotar o eixo de infraestruturas adecuadas.Por outro lado, os e as integrantes da Comisión Executiva tamén abordaron o tema do final do roaming en toda Europa, programado para o 15 de xullo, unha reclamación que foi demanda historicamente polo Eixo.

Entre outros asuntos, a citada reunión tamén serviu para falar dos actos con motivo do 25 aniversario do Eixo, que terán lugar os próximos días 8 e 9 de xuño en Braga, e no que o organismo comunitario presentará o seu documento de Axenda Urbana.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-participa-en-coruna-na-comision-executiva-do-eixo-atlantico