Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa, no 25 aniversario do IES Sanxillao: “O mellor investimento que podemos facer como sociedade é en educación”

A Alcaldesa, no 25 aniversario do IES Sanxillao: “O mellor investimento que podemos facer como sociedade é en educación”

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Mércores, 29 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa, no 25 aniversario do IES Sanxillao: “O mellor investimento que podemos facer como sociedade é en educación”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores nos actos conmemorativos do 25 aniversario do IES Sanxillao, un sinxelo e emotivo encontro no que a rexedora afirmou que o mellor investimento “que podemos facer como sociedade é en educación pública, porque supón investir en progreso, futuro, capacidade de crecemento e en desenvolvemento dun pobo, unha cidade, unha provincia, unha comunidade autónoma e un país”. Méndez, quen felicitou aos 8 profesores homeaxeados polos seus 25 anos de docencia no centro, expresou toda a súa “admiración” ao profesorado porque “é unha profesión complicada, dado que non só consiste en ter coñecementos, senón en dispoñer dunha actitude, de capacidade e empatía para poder transmitilos. De feito, grandes xenios non foron bos docentes”. Como Alcaldesa, engadiu, “gustaríame que todo o capital humano que sae dos centros educativos, no que tanto investimos, reverta novamente na nosa sociedade”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-no-25-aniversario-do-ies-sanxillao-o-mellor-investimento-que-podemos-facer-como