Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa mantén unha reunión co Conselleiro de Educación para garantir a construción do colexio do Sagrado Corazón

A Alcaldesa mantén unha reunión co Conselleiro de Educación para garantir a construción do colexio do Sagrado Corazón

Tras a negativa da Xunta de non aplicar a Lei de Proxectos Públicos de Urxencia, a mesma que se empregou en Vigo para unha iniciativa privada, puxéronse enriba da mesa novas vías para solucionar dito problema

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación,
    • Urbanismo
Venres, 02 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa mantén unha reunión co Conselleiro de Educación para garantir a construción do colexio do Sagrado Corazón

A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres unha reunión de traballo co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para garantir a construción dun novo colexio no Sagrado Corazón, tan demandado polos veciños e veciñas.

Tras a negativa da Xunta de Galicia de non aplicar a Lei 3/2016 de Proxectos Públicos de Urxencia e de Excepcional Interese, a mesma que se empregou en Vigo para unha iniciativa privada e sendo, segundo os técnicos, a solución máis rápida para a construcción deste centro; e ante a necesidade de desbloquear unha situación fundamental da que dependen moitas familias, puxéronse enriba da mesa outras novas vías para solucionar este problema, que serán agora estudadas polos técnicos.

O Concello, tras conseguir os 10.000 metros cadrados esixidos para a construcción dun centro educativo tras un período longo de expropiación, continúa sen entender como a Xunta pode aplicar a lei de urxencia en Vigo nunha iniciativa privada e non en Lugo, para unha pública. Non en van, a Alcaldesa amosou a súa vontade para manter cantos encontros sexan necesarios para saldar outra das débedas históricas que ten a Xunta con Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-manten-unha-reunion-co-conselleiro-de-educacion-para-garantir-construcion-do-colexio