Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa inicia as xuntanzas coa veciñanza para deseñar o novo mapa de liñas de buses urbanos

A Alcaldesa inicia as xuntanzas coa veciñanza para deseñar o novo mapa de liñas de buses urbanos

No Centro Social Díaz Castro déronse cita máis de trinta veciños que fixeron achegas relacionadas principalmente cos percorridos e as paradas do transporte público

Ademais desta ferramenta de participación, os lucenses poden achegar propostas a través de moveteporlugo@concellodelugo.org [1], www.lugo.gal [2], ou do Servizo de Atención Cidadá 010

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Transporte,
    • Buses urbanos
Xoves, 21 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa inicia as xuntanzas coa veciñanza para deseñar o novo mapa de liñas de buses urbanos

O Centro Social Díaz Castro, situado no barrio da Abella, acolleu este xoves a primeira xuntanza aberta da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coa veciñanza para recoller as súas propostas e deseñar así o novo mapa de liñas de buses urbanos.

Máis de trinta persoas participaron nesta primeira reunión, á que tamén asistiu o voceiro municipal, Miguel Fernández, e os Concelleiros de Educación e Benestar Social, Manuel Núñez e Ana Abelleria, respectivamente; posta en marcha polo Concello dentro da campaña Móvete por Lugo, para recoller as recomendacións e propostas dos veciños e veciñas da cidade para mellorar o transporte público de viaxeiros e adaptalo á realidade social e económica da cidade, para facelo máis accesible aos usuarios.

Na reunión, caracterizada polo dinamismo e partipación dos asistentes, os veciños fixeron achegas relacionadas principalmente cos percorridos e as paradas.

O Concello puxo en marcha esta campaña para reorganizar de xeito global as liñas do bus urbano, aproveitando o novo contrato do transporte. Ademais desta ferramenta de participación, os lucenses poden achegar propostas a través do correo electrónico creado especificamente para esta campaña: moveteporlugo@concellodelugo.org [1], ou ben a través de www.lugo.gal [2], ou do Servizo de Atención Cidadá 010.

Tras a reunión no barrio da Abella, a Alcaldesa reunirase coa veciñanza dos barrios da Residencia; A Milagrosa; Sagrado Corazón; Fontiñas; Fingoi; A Piringalla e Garabolos; As Gándaras; A Ponte, e o Ceao. O Concello informará puntualmente de todas as reunións na súa páxina web – www.lugo.gal [3]- e nas redes sociais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-inicia-xuntanzas-coa-vecinanza-para-desenar-o-novo-mapa-de-linas-de-buses-urbanos

Ligazóns:
[1] mailto:moveteporlugo@concellodelugo.org
[2] http://www.lugo.gal
[3] http://www.lugo.gal/