Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa inaugura o máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, que chega á 6ª edición

A Alcaldesa inaugura o máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, que chega á 6ª edición

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación pública
Luns, 25 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa inaugura o máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, que chega á 6ª edición

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o vicerreitor de Coordinación do Campus, Javier Bueno, o decano da facultade de Formación do Profesorado, Francisco Rodríguez Lestegás, e o coordinador do máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, Uxío Otero Urtaza, inaugurou este luns a sexta edición deste curso formativo, que cubriu a matrícula dispoñible e conta con 25 alumnos e alumnas.

A rexedora subliñou que a temática do máster, para cuxa organización Concello e Deputación prestan unha colaboración fundamental, está vinculada á sostibilidade ambiental e urbana pola que tamén aposta decididamente o Goberno local dentro do seu modelo de cidade con medidas de mobilidade, como a que anunciou este mesmo luns Méndez -a implantación da Zona 30 na avenida Ramón Ferreiro e a rúa Rodríguez Mourelo-, a estratexia DUSI, que inclúe proxectos para unir o río Miño coa cidade, ou o programa Lugo+Biodinámico, no que tamén participa a USC e que fomenta o uso da madeira como elemento constructivo. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-inaugura-o-master-en-direccion-de-actividades-educativas-na-natureza-que-chega-6a