Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa felicita aos fundadores de Torre de Núñez polo seu premio á traxectoria empresarial, ao redor de 50 anos

A Alcaldesa felicita aos fundadores de Torre de Núñez polo seu premio á traxectoria empresarial, ao redor de 50 anos

“Que empresas como Torre de Núñez leven o nome de Lugo polo mundo supón un orgullo para todos os lucenses”; subliñou Lara Méndez, quen recibiu este venres á familia fundadora desta empresa, tras alzarse co premio Galicia Gourmet Extravaganza-Bruselas Tour 2016-2017

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento económico
Venres, 18 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa felicita aos fundadores de Torre de Núñez polo seu premio á traxectoria empresarial, ao redor de 50 anos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este venres á familia fundadora da empresa cárnica lucense Torre de Núñez, Manuel Núñez e María Asunción Torre, que veñen de recibir o galardón á empresa de toda unha vida do Galician Gourmet Extravaganza-Bruselas Tour 2016-2017, no apartado de traxectoria empresarial. Trátase dunha feira itinerante de promoción e desgustación de produtos galegos, que busca incrementar a expansión en mercados internacionais dos negocios participantes.

 “Que empresas como Torre de Núñez leven o nome de Lugo polo mundo supón un orgullo para todos os lucenses”; subliñou Méndez ao tempo que facía fincape na traxectoria de Torre de Núñez, que foi fundada hai máis de 50 anos, así como no sacrificio e esforzo dos seus fundadores. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-felicita-aos-fundadores-de-torre-de-nunez-polo-seu-premio-traxectoria-empresarial-ao