Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa fai un chamamento á poboación luguesa sobre a importancia de previr a diabetes

A Alcaldesa fai un chamamento á poboación luguesa sobre a importancia de previr a diabetes

Lara Méndez realizou o control de glucosa, que a Asociación de Diabéticos Lucenses instalou no vestíbulo do HULA, en colaboración co hospital, para que quen o desexaran puidera comprobar o seu nivel de azucre no sangue

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Asociacións sociais,
    • Sanidade
Martes, 14 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa fai un chamamento á poboación luguesa sobre a importancia de previr a diabetes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este martes o posto informativo que a Asociación de Diabéticos de Lugo (ADIL) instalou no vestíbulo do Hospital Universitario Lucus Austi con motivo do Día Mundial da Diabetes, que se celebra o 14 de novembro. Ao longo da xornada, o alumnado de 4º curso da Escola de Enfermaría realizá distintos controis para que os veciños e  veciñas que así o queiran poidan comprobar o seu nivel de azucre no sangue. Ademais ofrecerán asesoramento sobre estilos de vida saudable, alimentación, actividade física e signos de prevención. Nesta visita tamén participou o Presidente da Deputación, Darío Campos, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión,  Ana Abelleira, entre outras autoridades.

Este ano o Día Mundial da Diabetes céntrase nas mulleres, que son especialmente vulnerables ao longo do período de xestación e tras o embarazo, co slogan O noso dereito a un futuro sano. Según a Federación Internacional de Diabetes (IDF), máis de 199 millóns de mulleres sofren diabetes no mundo, sendo a novena causa principal de morte entre mulleres de todo o mundo, causando 2,1 millóns de mortes ao ano.

Méndez, que realizou o control de glucosa, valorou tanto o traballo que realiza a asociación como a posta en marcha destas iniciativas que conmemoran o día e que reivindican hábitos de vida saudables, prevención e investigación para esta doenza, que afecta a 1 de cada dez mulleres. Ao mesmo tempo, fixo un chamamento á sociedade para que se faga estes controis, capaces de previr e detectar esta enfermidade.

Audio

  • A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a importancia de previr a diabetes | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-fai-un-chamamento-poboacion-luguesa-sobre-importancia-de-previr-diabetes

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/141117_alcaldesa_diabetes.mp3