Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa fai partícipe á oposición e convócaa con carácter urxente a unha xuntanza para abordar as sentenzas do Garañón

A Alcaldesa fai partícipe á oposición e convócaa con carácter urxente a unha xuntanza para abordar as sentenzas do Garañón

A proposta da rexedora, a vindeira semana celebrarase outra reunión de voceiros, na que tamén estarán presentes técnicos municipais

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Urbanismo
Xoves, 12 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa fai partícipe á oposición e convócaa con carácter urxente a unha xuntanza para abordar as sentenzas do Garañón

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniu este xoves aos voceiros de todos os grupos políticos da Corporación Municipal, nunha xuntanza de caracter extraordinario urxente celebrada a primeira hora desta mañá, para abordar as dúas sentenzas do Tribunal Superior da Xustiza de Galicia sobre o proxecto de urbanzación e a licenza da Unidade de Actuación CS5, máis coñecida polo Garañón, que recibiu onte o Concello e que dan a razón á parte demandada pola administración luguesa.  

Tras a xuntanza, a rexedora avanzou que se estudan as sentenzas con distintos servizos municipais, "para examinar todas as posibilidades legais existentes, e actuar  de maneira responsable sempre no beneficio de Lugo, do municipio, dos veciños e veciñas e da institución".

Lara Méndez, quen avanzou que se lle entregou unha copia das dúas sentenzas a todos os grupos políticos para facela partícicipe neste asunto e que a coñezan de primeira man e as evaluen, propuxo celebrar a vindeira semana outra reunión de voceiros, na que tamén estarán presentes os técnicos municipais, para que tamén escoiten a valoración de ditos técnicos sobre as mesmas.

As referidas sentenzas non son firmes e cabe a posibilidade de interpoñer un recurso de casación, tendo para elo un prazo máximo de 30 días hábiles dende a súa notificación. O Goberno tomará unha decisión ou outra, de xeito reflexionado e motivado, "pero calquera decisión que se tome se fará pensando en Lugo e nos cidadáns de Lugo", tal e como incidiu a Alcaldesa. 

Audio

  • Lara Méndez, trala Xunta de Voceiros |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-fai-participe-oposicion-e-convocaa-con-caracter-urxente-unha-xuntanza-para-abordar

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/120117_alcaldesa-xuntavoceiros.mp3