Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa explica á veciñanza de Paradai os investimentos impulsados polo Goberno na zona

A Alcaldesa explica á veciñanza de Paradai os investimentos impulsados polo Goberno na zona

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infraestruturas
Mércores, 27 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa explica á veciñanza de Paradai os investimentos impulsados polo Goberno na zona

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o voceiro municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, mantiveron unha xuntanza con veciños e veciñas de Paradai, aos que explicaron os investimentos que impulsa o Goberno na zona, á que beneficiará o desdobramento e humanización da avenida Infanta Elena, proxecto dotado con un millón de euros grazas a un convenio de colaboración do Concello coa Deputación. Na actualidade, o proxecto técnico está listo e o de expropiación ultimándose.

Así mesmo, o Executivo prevé iniciar esta mesma semana a mellora da accesibilidade da rúa Manuel Murguía coa instalación de varandas e o remate do cambio de pavimento, unha actuación enmarcada no Plan de Barrios que completa as obras xa realizadas na rúa, entre Río Sil e a rúa Salmón, consistentes na colocación de baldosas e varandas.

Nesta zona, en concreto, na rúa Paradai de Arriba, o Goberno impulsa un dos 7 aparcadoiros disuasorios que acondicionará en parcelas municipais cun total de máis de 200 prazas gratuítas e un investimento conxunto de 350.000€. O de Paradai será o que contará cunha maior capacidade, de 47 prazas. A superficie da parcela supera os 1.500 metros cadrados e o investimento ascende a 78.000€.

A Alcaldesa, o voceiro municipal e o edil de Infraestruturas Urbanas continúan deste xeito o seu percorrido polos barrios para expoñer aos veciños os proxectos que impulsa o Goberno e coñecer de primeira man as súas peticións.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-explica-vecinanza-de-paradai-os-investimentos-impulsados-polo-goberno-na-zona