Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa escoita as prioridades dos veciños de Esperante para mellorar o transporte público de viaxeiros

A Alcaldesa escoita as prioridades dos veciños de Esperante para mellorar o transporte público de viaxeiros

Preto de 40 persoas asistiron ao encontro celebrado no local social, no que adiantar horarios e establecer paradas entre o Hotel Santiago e o Hospital de Calde centraron as propostas

Todos os interesados poden achegar as súas suxestións a través do enderezo electróncio moveteporlugo@concellodelugo.org [1], na web municipal www.lugo.gal [2] ou no Servizo de Atención Cidadá 010

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Transporte,
    • Buses urbanos
Xoves, 26 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa escoita as prioridades dos veciños de Esperante para mellorar o transporte público de viaxeiros

As xuntanzas cos veciños que está a organizar o Concello para  recoller as propostas e opinións dos lugueses de cara a deseñar as novas liñas de bus urbano, adaptándoas á realidade actual social e económica da cidade, desprazáronse este xoves á Esperante, a petición da asociación de veciños desta parroquia. Ao redor de corenta persoas asistiron ao encontro aberto coa Alcaldesa, Lara Méndez, celebrado no local social, no que adiantar horarios e establecer paradas entre o Hotel Santiago e o Hospital de Calde centraron as propostas. Que o autobús se achegue ao núcleo de Calde foi outra das proposicións nun encontro no que os veciños reiteraron a necesidade dun servizo de bus urbano nas fins de semana.

A rexedora conduciu a asamblea, que arrincou cunha explicación sobre en que consiste a campaña Móvete por Lugo e os obxectivos que persegue, que se fundamentan en tres piares, a mellora das liñas, das paradas e da información. Tras esta exposición, os asistentes tomaron a palabra para expresar as necesidades que detectan na liña especial Esperante – Calde así como para agradecer á Alcaldesa que impulsara este exercicio de participación.

Ademais desta ferramenta de participación, con 10 encontros da Alcaldesa con veciños nos barrios da Abella, Milagrosa, Residencia, Sagrado Corazón, Fontiñas, Fingoi, Piringalla, A Ponte, Ceao e As Gándaras; o Concello ten abertas outras vías, a través do enderezo electróncio moveteporlugo@concellodelugo.org [1], na web municipal www.lugo.gal [2] ou no Servizo de Atención Cidadá 010. En base ao manifestado polos lucenses e tras estudar a viabilidade das propostas, o Concello porá en marcha o novo servizo do transporte público de viaxeiros, o máis barato de Galicia e un dos máis baratos de España.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-escoita-prioridades-dos-vecinos-de-esperante-para-mellorar-o-transporte-publico-de

Ligazóns:
[1] mailto:moveteporlugo@concellodelugo.org
[2] http://www.lugo.gal