A alcaldesa e o concelleiro de Deportes participan na presentación do V Torneo Cidade de Lugo de ximnasia rítmica organizado por Gravitty
- Tema
- Alcaldía,
- Deportes

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, participaron na presentación do V Torneo Cidade de Lugo de ximnasia rítmica, organizado polo Club Gravitty en colaboración coa Federación Galega de Ximnasia, o Concello de Lugo, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial.
A competición celebrarase o vindeiro domingo 17 de maio no Pazo Municipal dos Deportes, en horario de 09.00 a 15.00 horas, e reunirá preto de 400 ximnastas pertencentes a 16 clubs de toda Galicia.
O torneo contará con probas en distintas categorías de nivel escolar —prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e sénior— ademais dunha categoría xuvenil de nivel promoción.
Durante a presentación púxose en valor o papel deste tipo de eventos na promoción do deporte base, da convivencia e dos hábitos saudables entre a mocidade, así como a capacidade de Lugo para acoller competicións deportivas de ámbito galego.
A entrega de trofeos está prevista para as 14.00 horas.
