Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa destaca a importancia do intercambio cultural durante a visita ao Concello de 27 alumnos daneses

A Alcaldesa destaca a importancia do intercambio cultural durante a visita ao Concello de 27 alumnos daneses

Lara Méndez recibiu esta mañá a un grupo de alumnos dun instituo da cidade de Roskile, próxima a Copenhague, que visitan esta semana Lugo, dentro dun programa de intercambio co instituo Lucus Augusti

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Luns, 07 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa destaca a importancia do intercambio cultural durante a visita ao Concello de 27 alumnos daneses

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou a importancia do coñecemento doutras culturas, doutros países e doutros idiomas durante a visita que realizaron á Casa Consistorial 27 alumnos daneses dun instituto da cidade de Roskilde, próxima a Copenhague, que se atopan de intercambio estes días no centro lugués Lucus Augusti. Os estudantes, de segundo de bacharelato, acudiron acompañados de dous profesores do centro danés e de dúas mestras do centro lucense.

No acto de benvida, a rexedora convidou aos alumnos a descubir todo patrimonio de Lugo, abordando dende a súa historia ata a súa gastronomía. Tamén aproveitou para agradecer o traballar que realizan os profesores de ambos centros, que fan posible o intercambio de experiencias, ao tempo que lles pediou aos mozos daneses que exerzan de embaxadores de Lugo en Roskilde.

Os estudantes daneses, que chegaron onte á cidade, pasarán unha semana en Lugo. Previamente á súa viaxe xa mantiveron contacto cos alumnos lucenses a través das redes sociais. Os alumnos do Lucus Augusti visitarán Roskilde no vindeiro mes de setembro.

Na súa estancia, os estudantes de intercambio percorrerán a cidade de Lugo e achegaranse á Mariña. Está previsto que visiten o Castro de Viladonga e que percorran un tramo do Camiño de Santiago, dende o Monte do Gozo ata a Catedral.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-destaca-importancia-do-intercambio-cultural-durante-visita-ao-concello-de-27-alumnos