Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa de Lugo supervisou esta mañá o operativo que rexerá o tráfico en San Eufrasio mentres dure a construción da rotonda

A alcaldesa de Lugo supervisou esta mañá o operativo que rexerá o tráfico en San Eufrasio mentres dure a construción da rotonda

Lara Méndez lembrou que a obra, contemplada xa no Plan de Barrios de 2018, se materializa agora logo de que a Xunta cedera os terreos no mes de febreiro.

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico,
    • Urbanismo
Martes, 11 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo supervisou esta mañá o operativo que rexerá o tráfico en San Eufrasio mentres dure a construción da rotonda

A alcaldesa, Lara Méndez, supervisaba hoxe, xunto ao Inspector Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, o operativo de tráfico posto en marcha polo Concello de Lugo para proceder ao inicio dos traballos de construción da rotonda de San Eufrasio.

A rexedora lembrou que a obra, contemplada xa no Plan de Barrios de 2018, se materializa agora logo de que a Xunta de Galicia cedera definitivamente os terreos a principios deste ano.

“O procedemento concluíu o pasado mes de febreiro cando recibimos o tramo, de 855 metros de lonxitude, da estrada LU – 530 comprendido entre San Eufrasio e o paseo do Rato co que agora melloraremos a seguridade viaria na contorna”, indicou Lara Méndez.

A alcaldesa quixo destacar o calado da actuación, “de gran trascendencia para a cidade. Estamos seguros de que a súa materialización terá repercusións moi positivas para a mobilidade local, xa que con ela se corrixirá a falta de visibilidade da que adoece o cruzamento na actualidade, un dos principais corredores de acceso ao HULA”, destacou Lara Méndez.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-supervisou-esta-mana-o-operativo-que-rexera-o-trafico-en-san-eufrasio