Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez dá a benvida a unha vintena de estudantes daneses que están de intercambio no colexio Galén

Lara Méndez dá a benvida a unha vintena de estudantes daneses que están de intercambio no colexio Galén

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social
Luns, 21 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo recibiu esta mañá a unha vintena de alumnos daneses de intercambio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes daneses que están de intercambio no colexio Galén. Ao acto tamén asistiu a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión Social, Ana González Abelleira, e unha vintena de alumnos lucenses que estudan neste centro educativo.

A rexedora, quen invitou aos rapaces a descubrir a historia de Lugo e a gozar da cidade, agradeceu o traballo que realizan os mestres, que fan posible o intercambio de experiencias entre alumnos lucenses e europeos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-recibiu-esta-mana-unha-vintena-de-alumnos-daneses-de-intercambio