Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa de Lugo plasma no Libro da Cidadanía a necesidade de seguir traballando no 43 aniversario da Constitución por unha sociedade xusta e igualitaria

A alcaldesa de Lugo plasma no Libro da Cidadanía a necesidade de seguir traballando no 43 aniversario da Constitución por unha sociedade xusta e igualitaria

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Servizos sociais,
    • Servizos xerais
Xoves, 02 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo plasma no Libro da Cidadanía a necesidade de seguir traballando no 43 aniversario da Constitución por unha sociedade xusta e igualitaria

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinou no Libro da Cidadanía, exemplar que foi inaugurado esta mañá na Delegación de Goberno co obxectivo de compartir reflexións sobre a Constitución.

Nun acto, celebrado en A Coruña a uns días de que se conmemore o luns, 6, Día da Carta Magna, o delegado de Goberno, José Miñones, presentou esta iniciativa, tras unha lectura da Constitución realizada por mozos e mozas que acaban de cumprir a maioría de idade.

A rexedora plasmou no libro a súa firma xunto cunha mensaxe sobre a necesidade de seguir traballando no 43 aniversario da Constitución, “garante de dereitos”, “para acadar una sociedade máis xusta e igualitaria”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-plasma-no-libro-da-cidadania-necesidade-de-seguir-traballando-no-43