Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa de Lugo e o rexedor de Ferrol reivindican, na festividade do San Xiao, autonomía local para ter capacidade de desenvolvemento

A Alcaldesa de Lugo e o rexedor de Ferrol reivindican, na festividade do San Xiao, autonomía local para ter capacidade de desenvolvemento

Lara Méndez e Jorge Suárez presidiron este domingo os actos do patrón da cidade naval, no que ambos os rexedores fixeron fincapé na necesidade dos dous municipios por melloras as súas comunicacións

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Domingo, 07 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo e o rexedor de Ferrol reivindican, na festividade do San Xiao, autonomía local para ter capacidade de desenvolvemento

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, reivindicaron autonomía local, "para facernos fortes, competentes e para facernos capaces de darlle respostas aos nosos cidadáns, porque será darlle resposta ás nosas cidades, e polo tanto, ter capacidade de crecemento e desenvolvemento de futuro". Así o manifestaron este domingo ao longo dos actos da celebración do San Xiao, patrón da cidade naval, que tiveron lugar esta mañá no teatro Jofre. O acto, no que estiveron presentes membros das súas Corporacións Municipais, arrincou coa sinatura de ouro dos homenaxeados neste acto, tanto os Ferroláns do Ano, que neste ano recibiron o Real Coro Toxos e Froles, en nome de Irmandas da Fala, e o club Universitario Ferrol; como as insignicas de ouro da cidade, que nesta ocasión foron para o fotógrafo Edu Pereira, o comerciante Emilio Castro, o pianista Pablo Galdo, a neumóloga Carmen Diego e o coletivo Adega.
No acto, tanto Méndez como Suárez, que tiveron palabras de recoñecemento para todos e todas as galardoadas así como para enxalzar o irmandamento, fixeron fincapé na necesidade que teñen ambos dous municipios por mellorar as súas comunicacións, como por exemplo as ferroviarias.

A Alcaldesa desexoulle moita sorte a Ferrol na súa candidatura para que logre a Declaración como Patrimonio da Humanidade, "que de seguro que marcará un antes e un despois na cidade", tal e como aconteceu con Lugo tras a declaración da Muralla como Ben Mundial.

Posteriormente, como vén sendo habitual, os rexedores intercambiaron obsequios institucionais. A Banda Municipal de Ferrol púxolle o broche de ouro á xornada, que rematou coa tradicional degustación de arroz con leite.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-e-o-rexedor-de-ferrol-reivindican-na-festividade-do-san-xiao-autonomia-local