Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa de Lugo e as asociacións do Arde Lucus acordan deseñar unha edición especial polo 25 aniversario

A alcaldesa de Lugo e as asociacións do Arde Lucus acordan deseñar unha edición especial polo 25 aniversario

Na reunión que mantivo Elena Candia cos colectivos implicados na organización deste evento avanzaron no financiamento e acordaron que "calquera cambio que se faga debe planificarse con tempo"

  • Tema
    • Emprego,
    • Asociacionismo
Mércores, 13 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo e as asociacións do Arde Lucus acordan deseñar unha edición especial polo 25 aniversario

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas mantiveron un encontro de traballo con representantes das asociacións que fan posible cada ano o Arde Lucus, co obxectivo de iniciar a coordinación da próxima edición, que se celebrará do 18 ao 21 de xuño de 2026 e coincidirá co 25 aniversario desta festa de recreación histórica.

Durante a reunión abordáronse diferentes cuestións organizativas e administrativas vinculadas á colaboración co tecido asociativo, destacando a vontade do novo goberno municipal de traballar desde o diálogo, o consenso e a planificación.

O executivo local trasladou ás asociacións que son a parte máis importante do Arde Lucus e que calquera decisión que lles afecte deberá ser estudada, dialogada e planificada con tempo suficiente,  consensuando os cambios que poidan adoptarse.

Durante o encontro, tanto as asociacións como o goberno municipal coincidiron na importancia de traballar desde este momento nunha edición especial do Arde Lucus con motivo do seu 25 aniversario.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-e-asociacions-do-arde-lucus-acordan-desenar-unha-edicion-especial-polo-25