A Alcaldesa de Lugo clausurou un curso de manexo de drons no que participaron 15 policías municipais
Esta formación, que se desenvolveu por primeira vez, é o paso previo para acceder a unha preparación máis avanzada co fin de obter o permiso oficial de piloto profesional.
- Tema
- Desenvolvemento social,
- Desenvolvemento local,
- Desenvolvemento económico,
- Formación,
- Servizos xerais,
- Novas tecnoloxías

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro, clausurou un curso en manexo de drons no que participaron 15 policías municipais. A rexedora destacou “a importancia desta preparación, que se desenvolveu por primeira vez, e que contribuirá a ofrecer un mellor servizo á cidadanía”.
Os axentes locais preparáronse para poder superar o exame da AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea). Neste senso, adquiriron os coñecementos necesarios desde o ámbito legal e operacional, con todas as medidas de seguridade necesarias, para operar cos drons.
Esta formación e a superación do exame da AESA son os pasos previos e imprescindibles para acceder a unha preparación máis avanzada e obter o permiso oficial de piloto profesional destes dispositivos.
