Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa da a benvida a Lugo aos dez nenos e nenas saharauis que pasará o verán con familias lucenses

A alcaldesa da a benvida a Lugo aos dez nenos e nenas saharauis que pasará o verán con familias lucenses

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Infancia,
    • Solidariedade
Mércores, 10 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa da a benvida a Lugo aos dez nenos e nenas saharauis que pasará o verán con familias lucenses

A alcaldesa, Lara Méndez, e as concelleiras da área de Benestar Social, Ana González Abelleira, e Olga López, recibiron onte no Concello de Lugo aos 10 nenos e nenas saharauis que pasarán o verán, desde xullo e setembro, con familias lucenses acolledoras. Os pequenos, de 11 anos de idade, son parte da comitiva dos 21 pequenos e pequenas que chegan este ano á provincia desde os campos de refuxiados.

Esta acollida é posible grazas a colaboración das familias a achega de 9.000 euros do Concello de Lugo ao programa Vacacións en Paz, en colaboración coa Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui.

Os rapaces proceden de Aaiun, Dajla, Ausserd, Smara e Tiduf, localidades que poden chegar en verán aos 50 grados centígrados.

A rexedora amosou o seu agradecemento ás familias acolledoras, “porque é un acto de xenerosidade e con vós estes pequenos e pequenas terán acceso a coidados médico, a unha boa alimentación e a unha experiencia que sempre recordarán”. Ademais, destacou a riqueza cultural que os nenos tamén aportan á sociedade lucense.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-da-benvida-lugo-aos-dez-nenos-e-nenas-saharauis-que-pasara-o-veran-con-familias