Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa dá a benvida aos Reis Magos á cidade de Lugo

A Alcaldesa dá a benvida aos Reis Magos á cidade de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada doutros membros da Corporación, deu a benvida á cidade na tarde de hoxe a Melchor, Gaspar e Baltasar, na súa visita a Lugo. Os Reis Magos chegaron á Praza Maior tras un paseo pola rúa da Raíña e unha cabalgata que partiu dende a Praza da Milagrosa, e que concentrou a máis de 50.000 persoas en todo o recorrido. 

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Xoves, 05 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa dá a benvida aos Reis Magos á cidade de Lugo

Tras a súa chegada á Casa Consistorial, a rexedora acompañou aos Magos de Oriente ata o despacho, onde lles agasallou a cada un unha réplica da Muralla realizada por ASPNAIS. Pola súa banda, Melchor, Gaspar e Baltasar regaláronlle á Alcaldesa un aparello multifunción para que, segundo as Maxestandes, "xa que non traen o tren, nin a dotación do Auditorio, poida construílos vostede, e tamén todo o preciso para pór en marcha o Muramiñae". Logo, e xa dende o balcón, Melchor dirixiuse a todos os cativos e cativas que agardaban na Praza Maior para trasladarlle as súas peticións.

Lara Méndez desexoulle a todos os veciños e veciñas nesta noite tan máxica e especial todo o mellor e que se cumpran todos os seus desexos, "porque son os nosos".

Pola súa banda, os Reis Magos pediron solidaridade, comprensión e igualdade a todos os nenos e nenas, e aos non tan cativos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-da-benvida-aos-reis-magos-cidade-de-lugo